Pensamento crítico

Só sei que non sei nada

Na clase de filosofía, mentres repasan a Sócrates, aproveitan para burlarse de Isa, por indecisa. Mais esta vez ela demóstralles que aquilo que semella ser o seu maior defecto, estase a converter na súa maior virtude, iso si, grazas a este filósofo grego, a quen Isa leva ultimamente a todas partes. Con el descubriu estar segura de algo: que as dúbidas, acompañadas das preguntas, son importantes para «non tragarse todo», para analizar o porqué das cousas.

Volver